xoves, 27 de febreiro de 2020

Aprendizaxe e servizos comunitarios: o IES Miguel Catalán


               O IES Miguel Catalán, en Coslada, promove o que se coñece como  Aprendizaxe e servizos comunitarios. Trátase dunha experiencia educativa de aprendizaxe baseada en proxectos que transforman o contorno, e contan tamén coa participación doutros axentes externos, como son o concello ou diferentes organizacións.

               Dende o meu punto de vista, é interesante a conexión que o colexio establece co seu contorno. Nesta experiencia queda demostrada a necesidade de que a educación non só debe limitarse ao centro escolar, senón que debe desenvolverse noutras áreas da sociedade. É fundamental que o alumnado se decate de que non só se aprende na escola, senón tamén na interacción con outros colectivos.

               Das actividades que realizan, algunhas son de carácter interxeracional. O alumnado reúnese con persoas maiores e estas axúdanlles a cultivar unha horta, de maneira que o alumnado está adquirindo coñecementos ao mesmo tempo que presta un servicio comunitario. Outro exemplo é o servizo que desempeñan na biblioteca do hospital. Para isto foi fundamental o papel do Concello de Coslada, que foron os que puxeron en contacto ao alumnado co hospital.

               Ademais, dentro do centro promóvense os “círculos de convivencia”, compostos por 3 ou 4 alumnas/os que previamente foron elixidos e formados para a resolución de conflitos ou detectar casos de bullying.

               En definitiva, e tal e como profesorado do centro explica, conséguese que o alumnado se implique en temas sociais e de solidariedade, de maneira que se decatan de que están contribuíndo a transformar a sociedade, o que ten un gran beneficio, posto que se senten máis motivados, orgullosos e satisfeitos. Coido que é fundamental que o alumnado saiba convivir en sociedade, mais, se os centros educativos, que é onde maior tempo pasan durante -polo menos- 12 anos, non se implican, estes van ter menos oportunidades de tomar conciencia da importancia de axudarlle aos demais. Mais, o que tamén se consegue con este tipo de iniciativas é que o alumnado sexa consciente da realidade que o rodea, do que ten preto e de como as súas actuacións poden ser fundamentais para mellorar o seu contorno.

O Sistema Amara Berri


A rede de escolas que recibe o nome de Sistema Amara Berri é un conxunto de 19 centros educativos que destaca por apostar pola innovación dentro do sistema da educación pública.

               O que me atrae deste sistema é o tipo de aprendizaxe que promove, no que a finalidade é que o alumnado adquira coñecementos a través de experiencias reais. As materias trabállanse de maneira interrelacionada e o alumnado está agrupado en aulas de maneira internivelar. Estes dous aspectos parécenme vitais, xa que, por unha banda o alumnado traballa varias materias do currículo a través de tarefas prácticas reais, conseguindo así que o alumnado sexa capaz de conectar contidos e de entender cal é a súa utilidade na vida real; por outra banda, estáselle ofrecendo ao alumnado unha aprendizaxe individualizada na que se están a respectar os diferentes ritmos. Cómpre sinalar que neste sistema non se utilizan libros de texto, e cada estudante elixe a temática na que quere afondar. A/O propia/o estudante busca na biblioteca información que lle poida ser de utlidade, selecciona as ideas principais e deféndeas oralmente ante o resto de alumnado.

               As aulas están organizadas en recunchos, o que facilita o mencionado anteriormente, o ritmo de aprendizaxe e os propios intereses. Isto, ademais, permítelle ao alumnado traballar tanto de forma individual como por parellas ou pequenos grupos.

               Outro aspecto que me resulta curioso é o da avaliación, pois os traballos e creacións do alumnado expóñense ao resto do grupo, e encárganse de realizar os comentarios pertinentes para a mellora do produto. Mesmo as nenas e os nenos que ven dificultades noutro alumnado comunícanllelas ao profesorado. Deste xeito o seguimento é moito máis obxectivo.

               Coido que é de vital importancia que o alumnado aprenda na aula a través de experiencias reais, pois é a única maneira da que poden ser conscientes de como deben desenvolverse no exterior do centro educativo. Tamén é unha vantaxe que as materias se ensinen integradas e non parceladas, desta maneira o alumnado será capaz de establecer relacións entre diferentes temáticas e a súa aplicación na vida real.

               En definitiva, este sistema ten un amplo beneficio no alumnado, non só este é o centro de atención, xa que hai unha clara atención personalizada por parte do profesorado, senón que tamén se está a construír un alumnado autónomo, así como cooperativo.

Innovación docente



Na actualidade asistimos a unha sociedade tremendamente cambiante, o que implica que esteamos en permanente proceso de adaptación tanto ás novidades que se nos presentan como aos retos que se non propoñen. Isto ten especial relevancia no eido educativo, pois o profesorado debe estar ao día de todos os cambios que se producen para adaptar as súas prácticas pedagóxicas ao espazo temporal no que se moven.

Dende o meu punto de vista, o profesorado innovador é aquel que é capaz de artellar un sistema de aprendizaxe combinando diferentes recursos e métodos, adaptándoos ás necesidades que esixa cada aula e ao contexto no que se desenvolven. A/O docente debe ser capaz de reflexionar sobre as ferramentas, métodos, soportes e enfoques que vai empregar. Se nos centramos no proceso de ensino-aprendizaxe de linguas estranxeiras, como docentes temos o labor de desenvolver no alumnado as destrezas de comprensión/expresión oral e escrita. Actualmente, o método polo que se aposta é o comunicativo, xa que o propósito é que o alumnado sexa capaz de defenderse con espontaneidade máis alá dos nosos lindes xeográficos. Porén, nalgúns casos o enfoque comunicativo non se leva ás aulas, e noutros as interaccións entre alumnado e profesorado resultan monótonas, dado que se emprega sempre un mesmo patrón de ensino.

Para reverter estas problemáticas, é necesario amenizar as aulas con actividades que que convertan ao alumno nun suxeito activo, e mediante as cales se estimulen os seus sentidos. Neste senso, paréceme interesante a introdución na aula da ludificación e da gamificación, pois na clase pódense realizar actividades de escritura creativa ou xogos de rol que resultan moi beneficiosos, xa que o alumnado está aprendendo e ao mesmo tempo é capaz de desinhibirse dunha rutina. Mais, cómpre que o profesorado sexa capaz de xestionar os seus recursos para non caer na temida monotonía. Ademais dos recursos mencionados, o profesorado debe ser capaz de traballar coas TIC, xa que -aínda que moitas/os se amosen reticentes-, son as protagonistas da época actual, e como vimos nalgún modelo educativo, estas poden chegar a desbancar o tradicional manual. As TIC poden ser altamente produtivas nas aulas de linguas estranxeiras, pensemos por exemplo no rendible que resulta que o alumnado se grave e acto seguido poida escoitar a súa produción. Ademais, na rede dispoñemos de infinidade de ferramentas útiles para a aprendizaxe de linguas estranxeiras, tales como tradutores, dicionarios, programas de gravación,... Ata pode ser viable utilizar de cando en vez as redes sociais, xa que estariamos usándoas cun dobre propósito: por un lado o alumnado traballaría a lingua, por outro, e de maneira transversal, concienciariamos ao alumnado dun uso responsable das ditas redes sociais. 

Porén, é evidente que para levar a cabo todo isto é importante que o profesorado teña a vontade de actualizar as súas prácticas pedagóxicas e amose o empeño necesario para levar ás aulas novas propostas.

En definitiva, un profesorado innovador debe ser capaz de romper coa rutina e avivar o alumnado con novas prácticas pedagóxicas. Estas prácticas deben combinar unha serie de recursos, métodos etc., porén, é importante que a través delas se cree un alumnado autónomo, reflexivo e coa capacidade suficiente para tomar decisións. Deben ser, ademais, prácticas que incentiven o espírito cooperativo, o compañeirismo e a solidariedade entre os diferentes suxeitos.

martes, 25 de febreiro de 2020

Amusez-vous avec ce petit quiz de Kahoot!

Dans ce lien vous pouvez trouver une activité très intéressante. Vous allez vous amuser et découvrir d' info.
Détendez-vous😉


venres, 21 de febreiro de 2020

Le mur de la littérature francophone

Sur ce mur vous pouvez trouver quelques écrivains/es. Cliquez ici pour voir les différent(e)s auteur(e)s. Chaque photo est accompagné d´un lien pour les connaître en peu plus. Je vous encourage à lire tous les liens 😉

Hecho con Padlet

Lexique sur Pinterest

Sur Pinterest vous pouvez trouver des images très variées concernant le lexique.
Cliquez ici!!

venres, 14 de febreiro de 2020

Matériel scolaire



Mes élèves de 1ºESO, vous devez associer à chaque mot une image. E vós, que materiais escolares utilizades? O próximo día comentarémolo na aula.

Amusez-vous!

Mots mélês sur les professions



Chères/chers élèves de 3ºESO, vous devez trouver les dix professions cachées. Après, vous devez écrire dans votre cahier le genre opposé de chaque mot. 
Amusez-vous!

Mythologie

Coucou mes élèves de 4ºESO, aujourd'hui vous allez connaître Médusa, un personnage de la mythologie grecque. Cliquez ici, elle a quelque chose à vous dire!



Liens d'intérêt:

Voici quelques liens pour vous informer un peu plus sur Médusa et la mythologie.


Une vidéo sur l'histoire de Médusa https://www.youtube.com/watch?v=Tp84el7UNIM

Un site web très complet sur la mythologie: https://mythologica.fr/grec/index.htm ; et sur la même web vous pouvez trouver des jeux sur le sujet des mythologies du monde: https://mythologica.fr/jeu/index.htm

ACTIVITÉ:

Vous devez écrire au passé ce que Médusa dit (vous devez prendre l'information qu'elle transmet e élaborer vos propres rédactions). D'ailleurs, vous devez continuer l'histoire de Médusa (5 lignes minimum, 10 lignes maximum). Vous devez employer le passé et inventer l'histoire, bien sûr. 

Os EVA: entornos virtuais de aprendizaxe

Os EVA son espazos creados na rede para facilitar actividades de aprendizaxe e para incentivar a interacción social entre os participantes. Algúns dos entornos virtuais que máis destacan son os edublogs, as wikis ou as aulas virtuais. 
A isto podemos engadirlle outros recursos e ferramentas de interese. Das opcións dispoñibles, paréceme especialmente produtivo o uso do programa Audacity, que permite tanto gravar producións orais como modificar rexistros sonoros xa existentes (cancións, audios extraídos de vídeos,...)
Nunha aula de linguas estranxeiras poderiamos empregalo da seguinte maneira: 
  • Propoñémoslle ao alumnado que, en relación a algún tema visto na clase, cree unha breve composición que conteña os conceptos esenciais do tema escollido. 
  • Unha vez elaborada a composición, o alumnado debe gravala, a modo de rap, coa axuda do programa Audacity.
  • Feita a gravación, o alumnado pode modificala engadindo sons dos que dispón o programa, creando así a súa propia canción de rap. 
  • Este proceso sérvenos para traballar as expresións escrita e oral, ao mesmo tempo que estamos repasando conceptos vistos na aula.
  • Da mesma forma, o alumnado familiarízase coas tecnoloxías e coa función pedagóxica que estas poden desempeñar.

venres, 7 de febreiro de 2020

Le repas


Le repas by anonymous

Exprimez vos sentiments!


Mes élèves de 4ºESO, ci-dessous je vous laisse une vidéo avec de vocabulaire util pour exprimer les émotions.

Activité 1:

Comment est-ce que vous vous sentez aujourd´hui? Répondez à la question sur les commentaires.

Je suis/je me sens ... parce que ...

Activité 2:
Remplissez ce tableau dans vos cahiers. Le prochain jour nous ferons une mise en commun en cours.
Source: https://www.reseau-canope.fr/fileadmin/user_upload/Projets/developper_esprit_critique/max_et_lili_exprimer_ses_emotions.pdf

Allez-y!


Coucou, chères/chers élèves!

À partir de ce moment vous avez à votre disposition ce site web. Vous pouvez trouver sur ce blog des activités de toute sorte pour pratiquer votre français, ainsi que d´information d´intérêt !

Je ne prétends pas que vous voyez ce site comme une charge, mais comme un espace pour vous détendre, pour vous amuser pendant que vous travaillez avec la langue française. 

Je vous encourage à lire tous les billets de ce blog et à faire toutes les activités ;)