venres, 14 de febreiro de 2020

Os EVA: entornos virtuais de aprendizaxe

Os EVA son espazos creados na rede para facilitar actividades de aprendizaxe e para incentivar a interacción social entre os participantes. Algúns dos entornos virtuais que máis destacan son os edublogs, as wikis ou as aulas virtuais. 
A isto podemos engadirlle outros recursos e ferramentas de interese. Das opcións dispoñibles, paréceme especialmente produtivo o uso do programa Audacity, que permite tanto gravar producións orais como modificar rexistros sonoros xa existentes (cancións, audios extraídos de vídeos,...)
Nunha aula de linguas estranxeiras poderiamos empregalo da seguinte maneira: 
  • Propoñémoslle ao alumnado que, en relación a algún tema visto na clase, cree unha breve composición que conteña os conceptos esenciais do tema escollido. 
  • Unha vez elaborada a composición, o alumnado debe gravala, a modo de rap, coa axuda do programa Audacity.
  • Feita a gravación, o alumnado pode modificala engadindo sons dos que dispón o programa, creando así a súa propia canción de rap. 
  • Este proceso sérvenos para traballar as expresións escrita e oral, ao mesmo tempo que estamos repasando conceptos vistos na aula.
  • Da mesma forma, o alumnado familiarízase coas tecnoloxías e coa función pedagóxica que estas poden desempeñar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario